Unha oportunidade para a industria,
o emprego e o medio ambiente
Estudo paisaxístico PARQUE NORDÉS A chave de Galicia cara á transición enerxética

Parque Nordés é un proxecto de enerxía eólica mariña flotante deseñado con e para Galicia en colaboración e sintonía co territorio e as institucións para abordar o reto do cambio climático. O sector pesqueiro e a industria son esenciais para impulsar de forma consensuada a transición enerxética cara un futuro sostible e próspero.

O proxecto de enerxía eólica mariña Parque Nordés supoñerá unha oportunidade enerxética medioambiental e económica única para o territorio, a súa poboación e a súa actividade económica, social e empresarial:

  • Diminuirá a pegada de carbono e permitirá o aforro duns 26 millóns de toneladas en emisións de CO2 durante a vida útil do parque
  • Estimulará a mellora e modernización da industria enerxética en Galicia
  • Afianzará a competitividade de Galicia como polo da industria eólica mariña e naval a nivel europeo e mundial
  • Contribuirá ao impulso de solucións noutros sectores como o metal e o electrointensivo
  • Xerará postos de traballo directos e indirectos no territorio
  • Poderá cubrir un 13 % do consumo eléctrico actual de Galicia
  • Servirá como apoio a iniciativas de descarbonización e sostibilidade situadas nos municipios das comarcas próximas ao parque

Xuntando todos estes obxectivos, Parque Nordés representa unha oportunidade única para Galicia, e ábrese a tódalas persoas do territorio, para contribuír no cumprimento dos obxectivos da transición enerxética e penetración de enerxías renovables no conxunto de Galicia.

Desde Parque Nordés estamos traballando con tódalas administracións, organismos, asociacións e as entidades interesadas da zona para lograr xuntos un consenso na súa definición, de forma que se beneficie ao conxunto do territorio e a súa xente no contexto da sostibilidade ambiental.

As catro claves

A infraestrutura estará situada a máis de 30 quilómetros da costa. Unha distancia maior que entre a Torre de Hércules e o emblemático Faro de Cabo Prior

O parque estímase que cubrirá un 13 % do consumo eléctrico actual de Galicia, así como o 3 % do seu consumo enerxético total

A primeira fase do proxecto implicará a creación de 6.000 postos de traballo directos vinculados á construción e ao desmantelamento

O proxecto terá un impacto dinamizador no PIB de Galicia e incrementará ata nun 1,75% a actividade económica da rexión

bombilla

A CHAVE ENERXÉTICA

O parque cubrirá o 13 % da demanda eléctrica actual de Galicia, cumprindo así cos obxectivos de descarbonización fixados pola Xunta e polo Goberno de España. Ademais, cubrirá a demanda do sector industrial galego polas características do perfil de xeración desta tecnoloxía.

terra

A CHAVE MEDIOAMBIENTAL

A súa situación, a máis de 30 km da costa, fai case imperceptible o seu impacto visual. Ademais, está situado nunha zona de abundante recurso eólico e fora dos espazos protexidos preto do litoral. Parque Nordés evitará a emisión de ata 26 millóns de toneladas de CO2 durante os seus 30 anos de vida útil, e diminuirá a pegada de carbono, o uso de combustible fósiles e o quentamento e a contaminación da auga. Ademais, Parque Nordés é compatible con proxectos de protección como o xeoparque de Cabo Ortegal.

economia

A CHAVE ECONÓMICA E INDUSTRIAL

Parque Nordés está concibido como un dinamizador económico de Galicia, xerará ata 6.000 postos de traballo directos durante a construción e posterior desmantelamento do parque, así como 100 traballos por ano durante a fase de operación e mantemento.

Parque Nordés é unha oportunidade de desenvolvemento no ámbito económico e laboral de Ferrol-Terra e o resto de Galicia. Os portos da Coruña e Ferrol, así como as empresas do sector metalúrxico e naval galego, xogarán un papel relevante na fabricación das plataformas e a ensamblaxe dos aeroxeradores. Máis alá da construción, será necesario dispoñer de persoal cualificado na zona para os labores de operación e mantemento do parque. Todo iso posibilitará situar a Galicia á vangarda da industria eólica mariña flotante.

ico-body2

A PESCA

Desde Parque Nordés recoñecemos a longa tradición e relevancia do sector da pesca en Galicia. Por iso, traballar conxuntamente coas confrarías e os representantes do sector da pesca, así como coas administracións reguladoras, é unha prioridade básica do Parque Nordés. A nosa vontade é colaborar de forma transparente e comunicativa para asegurar a máxima compatibilidade entre a eólica mariña e os distintos usos da pesca en Ferrol-Terra.

Sobre Nós

O proxecto Parque Nordés está impulsado por BlueFloat Energy, Sener e Plenitude

logo-blue

BlueFloat Energy desenvolve proxectos de enerxía eólica mariña en diferentes rexións do mundo, implementando a súa visión de acelerar o despregamento mundial de enerxía eólica mariña como pilar para a transición enerxética e o crecemento económico. BlueFloat Energy reúne a un equipo global e multidisciplinar con notable experiencia no deseño, desenvolvemento, financiamento, adquisición e execución de proxectos eólicos mariños. BlueFloat Energy é líder no mercado do desenvolvemento de enerxía eólica mariña, e actualmente conta con máis de 32 GW de capacidade eólica mariña proxectada, tanto fixa como flotante, en todo o mundo. BlueFloat Energy é unha sociedade da carteira de 547 Energy, que inviste en empresas de enerxía renovable e resiliencia á rede, co respaldo de Quantum Capital Group, provedor líder de capital privado, crédito e capital risco para a industria mundial da enerxía e a transición enerxética.

www.bluefloat.com    |    www.547energy.com    |    www.quantumcap.com

Sener_logo

Sener é un grupo privado de enxeñería e tecnoloxía fundado en 1956, que busca transformar o mundo desafiando os límites da tecnoloxía, coa misión de axudar aos seus clientes con solucións innovadoras e efectivas a través dos seus valores diferenciais: innovación, excelencia, compromiso, paixón e traballo en equipo. Sener conta con máis de 3.400 profesionais nos cinco continentes. En eólica mariña, Sener acompaña aos seus clientes durante todo o ciclo de vida dos proxectos, con experiencia en todas as fases do seu desenvolvemento, achegando solucións para afrontar os retos do sector a través de servizos para a súa tramitación e autorización, inxeñería, dirección de proxecto e de supervisión da construción, ou deseñando tecnoloxía flotante, como a plataforma semisumerxible HiveWind, desenvolta por Hive Wind Energy, un consorcio formado por Sener Renewable Investments e Nervión Naval-Offshore.

www.group.sener

logo_plenitude

Plenitude é unha Sociedade de Beneficio (Società Benefit) controlada por Eni que integra a produción a partir de renovables, a venda de enerxía, os servizos enerxéticos e unha ampla rede de puntos de recarga de vehículos eléctricos. Actualmente fornece electricidade e gas a máis de 10 millóns de fogares e empresas de toda Europa. Tódolos clientes minoristas de enerxía recibirán electricidade neutra en carbono a partir deste ano.

Para satisfacer a crecente demanda de enerxía verde, Plenitude está a desenvolver proxectos solares e eólicos, cunha capacidade prevista de 7 GW para 2026 e máis de 15 GW para 2030. A través da súa filial Be Charge, Plenitude posúe unha rede de máis de 20.000 puntos de recarga de vehículos eléctricos que ampliarase tanto en Italia como en Europa, co obxectivo de superar os 30.000 en 2026.

Como Sociedade de Beneficio, o obxectivo de Plenitude de ter un impacto positivo nas persoas, nas comunidades e o medio ambiente está incorporado nos seus Estatutos, e forma parte do compromiso máis amplo de Eni de crear valor a través da transición enerxética. Operando en 15 países de todo o mundo e grazas a un modelo de negocio integrado e diversificado, Plenitude alcanzará as cero emisións netas de CO2 Scope1, 2 e 3 en 2040.

https://eniplenitude.com/