A CHAVE ECONÓMICA E INDUSTRIAL
Parque Nordés busca ser un dinamizador económico de Galicia, impulsando a industria a través da súa especialización nas actividades asociadas ao sector eólico mariño, e creando postos de traballo directos e indirectos durante a construción, operación, mantemento e desmantelamento do parque.
6.000 empregos
directos durante a primeira fase vinculados
á construción do Parque Nordés
100 postos/ano
asociados á fase de operación e mantemento
durante os 30 anos de vida útil do parque
Un proxecto das características de Parque Nordés ten un gran impacto sobre o crecemento económico e o emprego sendo capaz de xerar uns 6.000 postos de traballo directos durante as fases de construción e desmantelamento para unha instalación de 525 MW. A nosa estimación é que un 30 % – 40 % destes postos, uns 2.000 empregos, poderían xerarse en Galicia. Na fase de operación e mantemento prevese a creación duns 100 empregos ao ano.
O proxecto de Parque Nordés pretende fomentar e colaborar con industrias clave en Galicia como son a pesca, o sector naval, e o portuario. Unha das prioridades será a reactivación da economía da rexión de Ferrol-Terra e o resto de Galicia, para recuperar o liderado histórico desta zona dentro da economía marítima. Do mesmo modo, parque Nordés mellorará o peso de Galicia na transformación dixital do sector enerxético contribuíndo a converter ao territorio nun referente na construción de parques de enerxía eólica mariña e no fomento da I+D+i da eólica mariña. Neste sentido, Galicia pasará a ser uns dos polos de atracción para a formación e investigación de universidades, centros de investigación e empresas galegas, que terán un papel fundamental na eólica mariña.
Parque Nordés servirá como tractor dunha cadea de valor de provedores formada por empresas da rexión, establecendo a Galicia no mercado internacional das enerxías renovables, e xerando valor económico no largo prazo. Grandes empresas industriais da rexión de Ferrol-Terra xa están transformando as súas plantas para encarar esta etapa chea de oportunidades como é a eólica mariña flotante.
Os portos da Coruña e Ferrol, así como as empresas do sector metalúrxico e naval en Galicia, terán un papel moi relevante na execución das plataformas e o ensamblaxe dos aeroxeradores. A eólica mariña é a conxuntura perfecta para a reciclaxe de moitas empresas e traballadores, grazas a súa gran aportación na cadea de valor. Durante a fase de explotación do proxecto, serán necesarios unha gran cantidade de servizos, que deixarán na rexión uns 100 empregos ao ano. Parque Nordés aportará traballos directos de valor a Ferrol-Terra e ao resto de Galicia, ao mesmo tempo que axudará a cumprir cos obxectivos de penetración de enerxías renovables que establece a Xunta.
Cunha integración total en Galicia, Parque Nordés está aberto á participación das persoas e empresas do territorio que queiran investir no proxecto.