A PESCA

Desde Parque Nordés temos consciencia da longa tradición e relevancia do sector da pesca en Galicia. Por iso, traballar conxuntamente coas confrarías e os representantes do sector da pesca, así como coas administracións reguladoras, é unha prioridade básica de Parque Nordés. A nosa vontade é colaborar de forma transparente e comunicativa para asegurar a máxima compatibilidade entre a eólica mariña e os distintos usos da pesca en Ferrol-Terra.

ico-red

A tecnoloxía flotante permite a convivencia do ecosistema mariño coas instalacións, minimizando o impacto do Parque Nordés. Para garantir a máxima coexistencia posible coas distintas artes de pesca da zona, estamos abrindo vías de estudo e análise de compatibilidade entre o parque eólico e o sector pesqueiro.

ico-body2

A definición da situación xeográfica das instalacións do Parque Nordés tivo en conta a actividade pesqueira, minimizando a afección aos caladoiros de pesca e respectando as zonas de maior densidade de pesqueiros, que están en torno aos portos de A Coruña e Ferrol. Os criterios escollidos para a súa situación xeográfica tamén teñen en conta os arrecifes artificiais, recintos ou gaiolas destinadas á acuicultura, así como ás instalacións de cultivo de marisco. Máis alá dos criterios seguidos, a situación actual de Parque Nordés non é definitiva, polo que está suxeita a posibles cambios en función dos estudios que deben levarse a cabo a raíz da colaboración coas administracións e o sector da pesca.