POLÍTICA DE PRIVACIDADE

IDENTIDADE DOS RESPONSABLES DO TRATAMENTO

O presente proxecto é impulsado conxuntamente por BlueFloat Energy e SENER (en adiante, “Parque Nordés”), quen respectivamente tratarán os datos persoais recollidos a través desta páxina web en calidade de responsables de tratamento.

 

BlueFloat Energy:

  • Denominación social: BLUEFLOAT ENERGY INTERNATIONAL S.L.U.
  • NIF: B- 02674349
  • Domicilio social: Calle Velázquez, número 64, 4ª esquerda, Madrid, 28001
  • Contacto: data.privacy@bluefloat.com

SENER:

  • Denominación social: SENER Renewable Investments, S.A.
  • NIF: A-48024723
  • Domicilio social: Calle cervantes 8 Getxo, 48930, Las Arenas
  • Contacto Delegado de Protección de Datos Grupo SENER: dpd@sener.es

 

DATOS OBXECTO DE TRATAMENTO TRACTAMENT

Os datos persoais tratados serán aqueles recadados e aportados por parte dos propios usuarios a través das vías de contacto dispoñibles na presente páxina web (formularios de contacto e formulario de participación).

Así, Parque Nordés tratará os datos identificativos, datos de contacto, datos profesionais e demais información aportada nas comunicacións enviadas polos usuarios.

Ademais, polo feito de navegar nesta páxina web e mediante o uso de cookies, Parque Nordés recada datos dos usuarios (como o tipo de navegador utilizado, o sistema operativo ou a dirección IP), co obxecto de mellorar a súa navegación e xestionar de maneira efectiva o portal. En relación con este tratamento de datos persoais, os usuarios poder obter máis información na Política de Cookies.

 

FINALIDADES E LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO

Parque Nordés tratará os seus datos persoais para as finalidades indicadas a continuación:

  • Xestionar as solicitudes de información e contacto polos propios interesados, a través dos canais habilitados. Este tratamento de datos basease no consentimento outorgado polo interesado mediante o envío do correspondente formulario.

 

  • Tramitar as peticións de participación no proxecto, a través dos canais habilitados. Este tratamento de datos basease no consentimento outorgado polos interesados mediante o envío o correspondinte formulario.

 

  • Enviar información, noticias e outras comunicacións relevantes relacionadas co proxecto de Parque Nordés, así como outras iniciativas de BlueFloat Energy e SENER. Este tratamento de datos basease no consentimento outorgado polos interesados ao marcar a caixiña correspondente a tal fin, no formulario de contacto.

 

  • Os datos recadados a través da utilización de cookies trataranse para permitir o efectivo funcionamento da páxina web, baseado no interese lexitimo da compañía e, no caso doutras cookies, no consentimento mostrado coa aceptación das mesmas.

Así mesmo, infórmase aos usuarios da nosa páxina web da necesidade de facilitar os datos de carácter obrigatorio para poder cumprir coas finalidades anteriormente indicadas. No caso de non facilitar ditos datos, iso poderá dar lugar á imposibilidade por parte de Parque Nordés de cumprir con esas finalidades.

 

CONSERVACIÓN DOS DATOS

Os datos persoais proporcionados polos usuarios serán conservados durante o tempo necesario para cumprir de maneira efectiva coas finalidades anteriormente indicadas.

En particular, Parque Nordés conservará os datos persoais remitidos polos usuarios mentres resulten necesarios para xestionar e atender as consultas formuladas.

Unha vez atendidas as peticións dos usuarios, os datos persoais dos usuarios serán conservados durante un prazo máximo de 1 ano.

En canto á conservación da información relativa aos datos de navegación e cookies, pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

 

DESTINATARIOS E TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS

Los datos persoais unicamente serán comunicados na medida en que dita comunicación sexa necesaria ou obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.

Non están previstas transferencias internacionais de datos, se ben a información recadada por cookies de terceiros pode ser obxecto deste tipo de operacións. Pode obter máis información acerca destas transferencias na nosa Política de Cookies.

No caso de que fose necesario realizar unha transferencia internacional de datos, Parque Nordés comprométese ao cumprimento das medidas técnicas e organizativas necesarias, independentemente das obrigacións derivadas da normativa vixente en materia de protección de datos.

 

DEREITOS DOS INTERESADOS

En calquera momento, os usuarios poderán exercer os seguintes dereitos recoñecidos pola normativa vixente de protección de datos:

  • Dereito de Acceso: permite ao usuario coñecer a información que se ten, de onde se obtivo, a quen se facilitou e con que usos foi tratada.
  • Dereito de Rectificación: permite ao usuario rectificar algún dato erróneo ou obsoleto.
  • Dereito de Supresión: permite ao usuario solicitar que se deixen de tratar os seus datos.
  • Dereito de Limitación: permite ao usuario restrinxir o tratamento dos seus datos, pero de forma que sexan conservados para algunha finalidade posterior (unha reclamación xudicial, por exemplo).
  • Dereito de Portabilidade: permite ao usuario obter unha copia dos seus datos en forma electrónica e, en determinadas circunstancias, solicitar que sexan comunicados a outro prestador de servizos.
  • Dereito de Oposición: permite ó usuario opoñerse ó interese lexítimo de Parque Nordés para solicitar o cese do tratamento dos seus datos.
  • Dereito a Retirar o Consentimento, en calquera momento, respecto de tratamento dos seus datos persoais, sen que iso afecte á licitude do mesmo.

Poderá exercer estes dereitos a través das direccións de correo electrónico indicadas ao principio da presente Política de Privacidade, indicando que dereito desexa exercitar e aportando a seu DNI ou documento acreditativo da súa identidade similar.

Por último, informamos de que en calquera momento poderá poñerse en contacto co strong>Delegado de Protección de Datos do Grupo SENER e con BlueFloat Energy, así como presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos, a través da súa páxina web.

 

MEDIDAS DE SEGURIDADE

Parque Nordés adoptou as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado aos datos persoais que trata e implantou outros medios e medidas técnicas adicionais ao seu alcance para evitar a súa perdida, alteración, tratamento ou acceso non autorizado aos datos dos seus usuarios.

MODIFICACIÓN DA POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Parque Nordés resérvase o dereito a modificar a presente Política de Privacidade, sempre de acordo cos termos permitidos pola lexislación española vixente e tamén de acordo coas recomendacións da Agencia Española de Protección de Datos, mediante a modificación e publicación do presente apartado web.

 

PPolítica de Privacidade actualizada en setembro de 2021.