A CHAVE ENERXÉTICA

Parque Nordés cubrirá o 13 % da demanda eléctrica actual de toda Galicia, contribuíndo ao Plan Operativo sobre Cambio Climático e Enerxía (2018 – 2023) que o goberno da Xunta de Galicia ten en marcha.

Parque Nordés e a eólica mariña flotante son, potencialmente, unha peza clave do cumprimento dos obxectivos europeos e españois en materia de descarbonización e xeración de enerxía de orixe renovable. A Comisión Europea elevou o obxectivo da UE do 32 % ao 40 % de enerxía procedente de fontes renovables no consumo final bruto para 2030. Isto significa que a UE necesitará 451 GW de capacidade eólica para 2030, fronte aos 180 GW actuais. É dicir, a UE necesitará instalar 30 GW de novos parque eólicos cada ano de aquí a 2030, o que supón unha aceleración da despregadura da enerxía eólica. No período 2021-2025 espéranse construír 15 GW ao ano.

13 %

Parque Nordés cubrirá ao redor do 13 % da demanda eléctrica actual de toda Galicia

Ademais, Galicia dispón dunha potente industria naval e ducha infraestrutura portuaria idónea para o desenvolvemento da industria eólica mariña flotante. A combinación destas históricas industrias galegas co Parque Nordés daría lugar a unha alianza estratéxica coa que se maximizaría o impacto económico local e rexional xerando, de forma directa, postos de traballo cualificados nun sector innovador. Un proxecto como o de Parque Nordés contribuirá tamén a revitalizar o ecosistema empresarial de Ferrol-Terra e o resto de Galicia a través das industrias complementarias que se instalarían na zona, producindo a súa vez, emprego local e novas oportunidades de negocio para todo aquel emprendedor e traballador do ámbito das Autoridades Portuarias, o mar e a fabricación indirecta de bens de equipo.

En España, el Plan Nacional Integrado de Energía y Clima (PNIEC) 2021-2030 e o anteproxecto de Ley de Cambio Climático y Transición Energética contemplan o desenvolvemento da enerxía eólica mariña. No Plan Nacional Integrado de Energía y Clima 2021-2030 establécense como obxectivos para 2030::

23 % de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) respecto a niveis de 1990.
42 % de enerxías renovables sobre o consumo total de enerxía final.
39,5 % de mellora da eficiencia enerxética.
74 % de enerxías renovables na xeración eléctrica.

Para conseguir estes obxectivos, é imprescindible tanto a implicación de tódolos territorios, como a instalación de proxectos como o de Parque Nordés.

525
MW

2.100 GWh/ano

Coa presentación do Documento Inicial de Proxecto (DIP), Parque Nordés comeza unha fase de diálogo co territorio para unha proposta de capacidade instalada de aproximadamente 525 MW, que contemplaría a instalación de 35 aeroxeradores de 15 MW cunha produción estimada de aproximadamente 2.100 GWh/ano.

A longa distancia da costa das zonas propostas para o Parque Nordés minimizan calquera afección á paisaxe. As zonas nas que se proxectan as instalacións do parque eólico mariño encóntranse a máis de 30 quilómetros da costa galega. A esa distancia, os aeroxeradores percibiríanse desde o litoral como a estela borrosa dun avión que recorre o ceo por enriba do lugar de observación.