AVISO LEGAL
Ao amparo do previsto no art. 10 da Ley 34/2002, do 11 de Xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y del Comercio Electrónico, os titulares da presente páxina web de Parque Nordés (www.parquenordes.com) son as seguintes entidades:
BlueFloat Energy:
- Denominación social: BLUEFLOAT ENERGY INTERNATIONAL, S.L.U.
- NIF: B-02674349
- Domicilio social: Rúa Velázquez, número 64, 4ª esquerda, Madrid, 28001
- Información rexistral: Rexistro mercantil de Madrid, Tomo 41048, Folio 105, Sección 8ª, Folla M-727974
SENER:
- Denominación social: SENER Renewable Investments, S.A.
- NIF: A-48024723
- Domicilio social: Calle cervantes 8 Getxo, 48930, Las Arenas
- Correo electrónico de contacto: info@sener.es
- Información rexistral: Rexistro Mercantil de Bizkaia, Tomo 4387, Libro 0, Folla BI2264.
O presente proxecto está impulsado conxuntamente por BlueFloat Energy e SENER (en adiante, “Parque Nordés”).
TÉRMINOS E CONDICIÓNS DE UTILIZACIÓN DO SITIO WEB DE PARQUE NORDÉS
OBXECTO
O uso deste sitio web está suxeito ás seguintes condicións de uso. Rogamos que toda persoa que acceda á presente páxina web (en adiante, o “Usuario”) lea estas condicións atentamente. O feito de acceder ao sitio web e navegar polos seus contidos implica que vostede acepta, sen reserva algunha, estas condicións.
Parque Nordés resérvase o dereito a modificar en calquera momento estes termos e condicións (entre outros motivos, para adaptacións a novidades lexislativas, xurisdicionais ou prácticas comerciais), en cuxo caso advertirase de iso ao Usuario no momento do seu acceso á páxina para que poda revisalos á súa conveniencia.
A declaración de calquera destas estipulacións como nula, inválida, ou ineficaz, na súa totalidade ou en parte, non afectará á validez ou eficacia das restantes, que permanecerán sendo vinculantes para as partes.
CONTIDOS
Este sitio web conten material preparado por Parque Nordés con fins unicamente informativos, sen que se esixa subscrición ou rexistro na mesma.
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Tódolos contidos do sitio web, entendendo por estes a título meramente enunciativo os textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, links e demais contidos audiovisuais e/o sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, son propiedade de Parque Nordés ou de terceiros, sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario ningún dereito de explotación recoñecidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual sobre os mesmos.
Salvo o expresamente disposto no sitio web, calquera acto de reprodución dos contidos, total ou parcial, en calquera forma ou medio, inclusive calquera acto de difusión, comunicación pública ou distribución, independentemente da finalidade para a que foran destinados, require da previa autorización por escrito de Parque Nordés. Calquera uso non autorizado previamente por parte desta será considerado unha infracción grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE
O Usuario utiliza este sitio web pola súa propia conta e risco. Parque Nordés non se responsabiliza dos errores ou omisións dos que puidera adoecer o contido do sitio ou outros aos que se poida acceder a través do mesmo.
Parque Nordés tampouco poderá ser considerado responsable de calquera dano derivado da utilización do sitio web, nin por calquera actuación realizada sobre a base da información que facilitase nela.
Parque Nordés non garante a ausencia de virus ou outros elementos lesivos que puideran causar danos ou alteracións no sistema informático, nos documentos electrónicos ou nos ficheiros do Usuario.
En consecuencia, Parque Nordés non responde polos danos e prexuízos que estes elementos puideran ocasionar ao Usuario ou a terceiros.
Independentemente do anterior exposto, Parque Nordés exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada dos contidos e a información publicada no sitio web cando haxa sido manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.
ENLACES
- Enlaces entrantes
O Usuario e, en xeral calquera persoa física ou xurídica que se propoña establecer un enlace a este sitio web deberá obter autorización previa e por escrito de Parque Nordés.
A inserción dun enlace saínte na páxina web dun terceiro cara este sitio web en ningún caso implica a existencia de relación algunha entre a Firma e o propietario da páxina web na que estea ensartado o enlace, nin a aceptación ou aprobación por parte de Parque Nordés dos contidos ou servizos do mesmo.
En todo caso, Parque Nordés reservase o dereito de prohibir ou inutilizar en calquera momento calquera enlace a este sitio web, especialmente nos supostos de ilicitude da actividade e dos contidos da páxina que se inclúa.
- Enlaces saíntes
O sitio web pode conter enlaces a páxinas de terceiros. Parque Nordés non asume responsabilidade algunha sobre os enlaces externos a sitios web de terceiros que puideran incluírse na páxina web ou polo contido destes, polo que o Usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan ditas páxinas web. Estas páxinas non están controladas por Parque Nordés, nin cubertas pola política de privacidade deste sitio web. Se accede de outras páxinas web utilizando os enlaces proporcionados, os ordenadores de ditos sitios web poderán recadar a súa información persoal e utilizala para fines distintos aos aquí descritos. Asegúrese de que está conforme coas políticas de privacidade destas terceiras páxinas web antes de facilitar algún tipo de información persoal.
LEI APLICABLE
Os presentes termos e condicións web réxense pola lei española.
MODIFICACIÓN DO AVISO LEGAL
Parque Nordés resérvase o dereito de modificar o presente Aviso Legal e os termos de uso da páxina contidos no mesmo, sempre de acordo cos termos permitidos pola lexislación española vixente e coa correspondente comunicación aos usuarios, mediante a publicación neste apartado web.
Aviso Legal actualizado en marzo de 2022.