FAQs DE PARQUE NORDÉS

Nesta sección, atoparás as respostas ás preguntas máis frecuentes sobre o parque e a eólica mariña en xeral.

Por que ten que facer o Parque Nordés?

  • O proxecto está 100 % aliñado cos obxectivos de sostibilidade enerxética da Xunta de Galicia e da Unión Europea.
  • Parque Nordés axudará a cubrir o 13 % da demanda eléctrica actual de toda Galicia, contribuíndo ao Plan Operativo sobre Cambio Climático e Enerxía (2018 – 2023) que o goberno da Xunta de Galicia ten en marcha.
  • Grazas a Nordés evitaremos a emisión de máis de 26 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera. A enerxía eólica é unha enerxía 100 % limpa e de km0.
  • Se queremos reverter o cambio climático e vivir dun modelo enerxético moito máis limpo e sostible, todos os territorios debemos implicarnos.

España ten moitos quilómetros de costa. Por que se elixiu Galicia para desenvolver este proxecto?

Galicia non é a única zona onde o Ministerio para a Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico pretende promover a eólica mariña en España. Isto deberase saber unha vez se aproben os plans de ordenación do Espazo Marítimo (POEM), que fixará en qué zonas de España poderase instalar un parque eólico mariño. A Costa Ártabra é unha das máis ricas da península en canto a recursos naturais, polo que ten gran potencial en canto a xeración enerxética verde.

A zona elixida é idónea por:

  • As condicións de vento
  • Estar afastado da costa
  • A profundidade e o tipo de fondo mariño
  • A compatibilidade co tráfico marítimo
  • Pola súa situación fóra de espazos protexidos.
  • Cercanía de portos e industria para desenvolver a actividade
  • Ten puntos de conexión cercanos á rede eléctrica

De que maneira ten pensado Parque Nordés compatibilizar a súa idea de parque eólico mariño coa actividade pesqueira nesta zona de Galicia?

  • Parque Nordés traballa para garantir a compatibilidade de usos do mar. Cremos que a pesca é unha actividade de grande importancia, así como o é a transición enerxética e as enerxías renovables.
  • Por iso, Parque Nordés leva desde os seus inicios tratando de dialogar e traballar xuntamente co sector pesqueiro e administracións, para buscar a coexistencia de ambos os usos.
  • Neste sentido, estamos presentes no Observatorio de Eólica Mariña de Galicia xunto ás Confrarías de pescadores para coñecer en profundidade a actividade pesqueira e buscar unha coexistencia entre dúas actividades claves para o futuro do país.
  • Desde a Administración, en 2023 vaise asignar as zonas POEM nas que poidan coexistir todos os usos do mar, entre eles a pesca e o uso dun parque de eólica mariña, como o que temos proxectado.

Onde se localizarán os aeroxeradores?

Os aeroxeradores situaranse mar adentro, a unha distancia de 30 km da costa.

Canto miden os aeroxeradores?

A altura máxima de cada aeroxerador rondará os 250 m sobre o nivel do mar.

Cantos turbinas haberá en total?

Na Primeira fase haberá 35 turbinas con capacidade para 525 MW. Na segunda fase poderíanse sumar 45 turbinas con capacidade de xerar 675 MW máis.

Canta distancia haberá entre aeroxeradores?

A distancia entre aeroxeradores dunha mesma fila estará arredor de 1,2 km, e de 2,5 km entre cada fila.

Que superficie en total ocupará o parque?

O parque eólico cubriría unha superficie máxima de 270 km2 para a instalación de aeroxeradores no caso de levar a cabo as dúas fases. Aínda que a superficie total final dependerá das necesidades de potencia e capacidade do parque.

Desde dónde se verán os aeroxeradores?

A construción do parque está proxectada para instalalo en fronte da costa Ártabra. O que significa que se verán moi lonxe, no horizonte. Podedes visualizar unha simulación realizada por unha empresa experta na nosa páxina web ou seguindo este enlace: https://parquenordespaisaxe.com/es

Que repercusión pode ter a construción do parque sobre o territorio?

Nos estamos aquí para ter un impacto positivo e asegurar que a inminente transición enerxética se executa co menor impacto e de maneira consensuada co territorio, facendo partícipes a axentes locais e cidadáns.

A eólica mariña flotante é unha magnífica oportunidade para Ferrol-Terra a nivel enerxético e ambiental, e para a dinamización do crecemento económico.

Cal é a vida útil do parque? Que sucederá coas instalacións despois?

A vida útil do parque será de 30 anos aproximadamente. Cando esta remate, contemplase o desmantelament do parque. Ó empregar tecnoloxía flotante, realízase remolcando as estructuras a porto para a súa posterior reciclaxe de materiais, retirando os equipos de ancoraxe e deixando o lugar prácticamente no seu estado orixinal.

Fai moito ruido un parque destas características? Escoitarase dende a costa?

O parque eólico situarase a unha distancia moito maior á que se podería oír o son do vento nas pas. Non terá ningún impacto acústico na costa.

Pola noite os aeroxeradores emiten luz?

Os aeroxeradores dispoñen de balizar de seguridades semellantes ás dos barcos, apenas perceptibles dende a costa. E, tendo en conta que a zona está fora do cono aeroportuario, o balizamento lumínico é moi leve.

Xerará Parque Nordés postos de traballo para Galicia?

Si. Unha das oportunidades dun proxecto destas características é xutamente a creación de empleo no territorio. Para garantizar que boa aprte do retorno económico quede na Galicia, firmouse un MOU (Memorándum De Entendemento), con GOE-Asime.

Cantos postos de traballo directos crearanse na zona coaoperación do parque? E indirectos?

A nosa estimaciçon é que un 30 % – 40 % dos 6000 postos poderían xerarse na Galicia. Na fase de operación e mantemento prevese a creación duns 100 empleos ao ano.