Parque Nordés é un proxecto de enerxía eólica mariña flotante deseñado con e para Galicia en colaboración e sintonía co territorio e as institucións para abordar o reto do cambio climático. O sector pesqueiro e a industria son esenciais para impulsar de forma consensuada a transición enerxética cara un futuro sostible e próspero.
O proxecto de enerxía eólica mariña Parque Nordés supoñerá unha oportunidade enerxética medioambiental e económica única para o territorio, a súa poboación e a súa actividade económica, social e empresarial:
- Diminuirá a pegada de carbono e permitirá o aforro duns 26 millóns de toneladas en emisións de CO2 durante a vida útil do parque
- Estimulará a mellora e modernización da industria enerxética en Galicia
- Afianzará a competitividade de Galicia como da industria eólica mariña e naval a nivel europeo e mundial
- Contribuirá ao impulso de solucións en outros sectores como o metal e o electro intensivo
- Xerará postos de traballo directos e indirectos no territorio
- Poderá cubrir un 13 % do consumo eléctrico actual de Galicia
- Servirá como apoio a iniciativas de descarbonización e sostibilidade situadas nos municipios das comarcas próximas ao parque
Xuntando todos estes obxectivos, Parque Nordés representa unha oportunidade única para Galicia, e ábrese a tódalas persoas do territorio, para contribuír no cumprimento dos obxectivos da transición enerxética e penetración de enerxías renovables no conxunto de Galicia.
Desde Parque Nordés estamos traballando con tódalas administracións, organismos, asociacións e as entidades interesadas da zona para lograr xuntos un consenso na súa definición, de forma que se beneficie ao conxunto do territorio e a súa xente no contexto da sostibilidade ambiental.
As catro claves

A infraestrutura estará situada a máis de 30 quilómetros da costa. Unha distancia maior que entre a Torre de Hércules e o emblemático Faro de Cabo Prior

O parque estímase que cubrirá un 13 % do consumo eléctrico actual de Galicia, así como o 3 % do seu consumo enerxético total

A primeira fase do proxecto implicará a creación de 6.000 postos de traballo directos vinculados á construción e ao desmantelamento

O proxecto terá un impacto dinamizador no PIB de Galicia e incrementará ata nun 1,75% a actividade económica da rexión

A CHAVE ENERXÉTICA
O parque cubrirá o 13 % da demanda eléctrica actual de Galicia, cumprindo así cos obxectivos de descarbonización fixados pola Xunta e polo Goberno de España. Ademais, cubrirá a demanda do sector industrial galego polas características do perfil de xeración desta tecnoloxía.

A CHAVE MEDIOAMBIENTAL
A súa situación, a máis de 30 km da costa, fai case imperceptible o seu impacto visual. Ademais, está situado nunha zona de abundante recurso eólico e fora dos espazos protexidos preto do litoral. Parque Nordés evitará a emisión de ata 26 millóns de toneladas de CO2 durante os seus 30 anos de vida útil, e diminuirá a pegada de carbono, o uso de combustible fósiles e o quentamento e a contaminación da auga. Ademais, Parque Nordés é compatible con proxectos de protección como o xeoparque de Cabo Ortegal.

A CHAVE ECONÓMICA E INDUSTRIAL
Parque Nordés está concibido como un dinamizador económico de Galicia, xerará ata 6.000 postos de traballo directos durante a construción e posterior desmantelamento do parque, así como 100 traballos por ano durante a fase de operación e mantemento.
Parque Nordés é unha oportunidade de desenvolvemento no ámbito económico e laboral de Ferrol-Terra e o resto de Galicia. Os portos da Coruña e Ferrol, así como as empresas do sector metalúrxico e naval galego, xogarán un papel relevante na fabricación das plataformas e o ensamblaxe dos aeroxeradores. Máis alá da construción, será necesario dispoñer de persoal cualificado na zona para as labores de operación e mantemento do parque. Todo iso posibilitará situar a Galicia á vangarda da industria eólica mariña flotante.

A PESCA
Desde Parque Nordés recoñecemos a longa tradición e relevancia do sector da pesca en Galicia. Por iso, traballar conxuntamente coas confrarías e os representantes do sector da pesca, así como coas administracións reguladoras, é unha prioridade básica do Parque Nordés. A nosa vontade é colaborar de forma transparente e comunicativa para asegurar a máxima compatibilidade entre a eólica mariña e os distintos usos da pesca en Ferrol-Terra.
Sobre Nós
O proxecto Parque Nordés está impulsado por BlueFloat Energy e Sener
BlueFloat Energy é unha empresa española que desenvolve proxectos de enerxía eólica mariña en varias rexións do mundo, nas que implementa a súa visión de acelerar o despregue global da eólica mariña como panca imprescindible para a transición enerxética e o crecemento económico. BlueFloat Energy conta cun equipo cunha experiencia sen precedentes no deseño, desenvolvemento, financiación, construción e a execución de proxectos eólicos mariños. BlueFloat Energy conta co respaldo de 547 Energy, a plataforma de inversión en enerxías renovables de Quantum Energy Partners (QEP), con presenza na industria enerxética global desde fai máis de 20 anos.

Sener é un grupo privado de enxeñería e tecnoloxía fundado en 1956, referente mundial nos sectores da enerxía, infraestruturas, naval e aeroespacial. Cun cadro de persoal de máis de 2.700 profesionais e oficinas en cinco continentes, SENER é líder en enxeñería e servizos en enerxías renovables en tódalas etapas de deseño, desenvolvemento e construción. SENER distínguese pola súa capacidade de crear solucións de enxeñería innovadoras e está colaborando cos seus clientes na implantación da eólica mariña para a loita contra o cambio climático.
