ACTUALIDADE
A eólica mariña está chamada a xogar un papel fundamental no proceso de transición enerxética do noso país
31 de agosto de 2024
Eólica mariña: un sector estratéxico e maduro preparado xa para o seu despregamento en Galicia
27 de agosto de 2024
O artigo, escrito por Carlos Martin, Conselleiro Delegado de BlueFloat Energy, e publicado en La Voz de Galicia, aborda a importancia da enerxía eólica mariña na transición enerxética de España, con Galicia como un territorio clave para o seu desenvolvemento. Destaca o potencial da rexión grazas á súa costa e recursos eólicos, o impacto positivo en termos económicos e de emprego, e a necesidade dun marco regulatorio adecuado para impulsar a industria, posicionando a Galicia como líder en eólica mariña flotante no sur de Europa.
“ADAPTAMOS OS NOSOS PROXECTOS DE EÓLICA MARIÑA A CADA TERRITORIO”
27 de xuño de 2024
Entrevista exclusiva do xornal El Mundo cos voceiros do consorcio de eólica mariña impulsor de Parque Nordés: Mariangiola Mollicone, directora xeral de Eni Plenitude Renewables España; Carlos Martín, CEO de BlueFloat Energy; e Miguel Domingo, director xeral de Sener Renewable Investments. Na entrevista, os directivos reivindican o potencial estratéxico da eólica mariña en España e a necesidade de impulsar os concursos en todo o país en paralelo. Uns concursos que deberían incorporar, cunha puntuación de polo menos o 30%, criterios socioeconómicos como o diálogo social, os acordos co territorio, a caracterización previa e madurez técnica dos proxectos, e a súa compatibilidade medioambiental – en liña cos países europeos – para garantir a sustentabilidade dos proxectos de eólica mariña a todos os niveis.
Carlos Martín (BlueFloat Energy): “Eu non teño dúbidas: a eólica mariña non sairá adiante sen escoitar ao territorio”
13 de maio de 2024
O conselleiro delegado de BlueFloat Energy, Carlos Martín, comparte nun artigo para Economía Dixital, a importancia de considerar criterios socioeconómicos e ambientais no desenvolvemento de proxectos de enerxía eólica mariña en Galicia. Destaca a necesidade de involucrar ás comunidades locais para unha transición enerxética ordenada e sostible. Martín salienta que o éxito destes proxectos depende de escoitar e ter en conta as preocupacións e propostas das comunidades, así como o seu impacto ambiental.
Ademais, sinala o proceso de audiencia pública do Ministerio para a Transición Ecolóxica como un paso crucial cara a unha maior integración do territorio na toma de decisións sobre a eólica mariña en Galicia e en España.
CARLOS MARTÍN BLUEFLOAT ENERGY: “É URXENTE APROBAR A LEXISLACIÓN DA EÓLICA MARIÑA”
23 de abril de 2024
O conselleiro delegado de BlueFloat Energy participa no III Foro Económico Español ‘La Galicia que viene’, organizado por EL ESPAÑOL, Invertia, Quincemil e Treintayseis. Na súa intervención, urxe a aprobación da lexislación da eólica mariña mentres a compañía agarda pola luz verde para os seus proxectos de parques eólicos mariños flotantes en Galicia e outras rexións de España. Martín advirte sobre a importancia de non perder esta oportunidade única, mentres agarda que a lexislación se aprobe este ano e os concursos se convoquen en 2024. A rapidez e eficiencia na execución de proxectos son criterios clave que solicita para os vindeiros concursos.
PLENITUDE ÚNESE Á ALIANZA BLUEFLOAT ENERGY – SENER RENEWABLE INVESTMENTS, PROMOTORES DE PARQUE NORDÉS, PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE EÓLICA MARIÑA
22 de xaneiro de 2024
Plenitude chegou a un acordo con BlueFloat Energy e Sener Renewable Investments, promotores de Parque Nordés, para unirse á súa alianza estratéxica para avanzar no desenvolvemento de proxectos de eólica mariña en Galicia e no resto de España. A compañía italiana integra a produción de enerxía 100% de orixe renovable, a venda de enerxía e servizos enerxéticos, e unha extensa rede de puntos de recarga de vehículos eléctricos. Achega á alianza a súa presenza no mercado español, a súa contrastada traxectoria no sector eólico mariño europeo e as súas capacidades técnicas no desenvolvemento e execución de proxectos complexos e de gran envergadura.
BlueFloat Energy, Sener Renewable Investments e Plenitude comparten o firme compromiso de promover unha industria eólica mariña sostible en Galicia e no resto de España, centrada nas comunidades locais e nos beneficios sociais, ambientais e económicos. Un enfoque único de desenvolvemento de proxectos que pon ao territorio no centro. Con Plenitude, Parque Nordés reforza o seu compromiso co territorio e o sector da pesca galego, e consolida a súa posición de referencia no sector eólico mariño.
BLUEFLOAT E SENER PIDEN AO GOBERNO CRITERIOS SOCIAIS PARA A EÓLICA MARIÑA
30 de novembro de 2023
BlueFloat Energy e Sener, promotores de Parque Nordés, propoñen ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que os criterios que rexerán os concursos de eólica mariña inclúan, como mínimo, un 30% de valoración social. Nun encontro co xornal económico de referencia ‘El Economista’, o equipo promotor explica que, para que a eólica mariña sexa sostible a nivel social, económico e ambiental, é fundamental que os concursos prioricen aqueles proxectos con maior aceptación social e, ao mesmo tempo, que poidan executarse no menor prazo posible. A proposta de BlueFloat e Sener baséase en concursos recentes en Europa e América, e inclúe catro grandes criterios socioeconómicos: madurez da proposta, transparencia e concertación territorial, democratización da enerxía, e contribución á I+D+i.
España, Galicia e a eólica mariña: unha tarefa pendente
19 de setembro de 2023
Economía Dixital publica un artigo de Carlos Martín, CEO de Bluefloat Energy, unha das empresas promotoras de Parque Nordés. Neste sinala que, no contexto político actual, a transición enerxética e a eólica mariña flotante deberían de ser un punto importante na axenda de negociación e nos pactos de investidura por ser clave para o futuro do país.
Eólica mariña en Galicia: unha oportunidade fronte aos retos medioambientais que debe chegar dende o consenso.
26 de maio de 2023
La Voz de Galicia publica un artigo de opinión de Carlos Martín, CEO de BlueFloat Energy, no que pon en valor a oportunidade socioeconómica que supón a eólica mariña para Galicia. Ademais, sinala que é parte da solución fronte ao reto medioambiental e ao quecemento dos océanos, aspecto primordial para Galicia.
As renovables, aliadas da conservación mariña
03 de maio de 2023
Xavier Pastor, oceanógrafo e fundador de Greenpeace España, escribe un artigo en Economía Digital sobre a importancia da transición enerxética na preservación da biodiversidade e a supervivencia do sector pesqueiro, invitando a reflexionar sobre que terra e océano quedará para as xeracións futuras.
Xornada liderada por Parque Nordés sobre enerxía eólica mariña para compartir esta oportunidade para Galicia cos e as estudantes no Campus Industrial de Ferrol
15 de marzo de 2023
A chegada da enerxía eólica mariña a Galicia supoñerá un impulso para todo o territorio, tamén no ámbito educativo, universitario e investigador. Por ese motivo, Helena Brage, responsable de Desenvolvemento de Negocio de Parque Nordés, liderou a Xornada sobre Eólica Mariña celebrada no Campus Industrial da Universidade da Coruña en Ferrol. Ademais, previamente, ofreceu unha entrevista en Radio Voz Ferrol.
“Tras a publicación dos POEM, a eólica mariña vai ser a realidade e agora é o momento de decidir como serán os parques”
06 de marzo de 2023
Helena Brage, responsable de negocio de Parque Nordés, intervén en “Españoles en la mar”, programa de RNE, tras a publicación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM). Analiza o paso adiante que significan, os próximos pasos e a importancia dos criterios socioeconómicos nos concursos.
O equipo promotor de Parque Nordés participa na sexta edición do Galician Offshore International Hub (GOinterHub
03 de marzo de 2023
O evento, celebrado en Ferrol e organizado por Asime, serviu para poñer sobre a mesa cuestións como a importancia dos criterios socioeconómicos nos futuros concursos e a situación tras a publicación dos POEM. Contou coa intervención de Teresa Ribeira, vicepresidenta terceira do Goberno de España e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
GALICIA TEN A OPORTUNIDADE DE IMPULSAR A EÓLICA MARIÑA CO TERRITORIO NO CENTRO
28 de febreiro de 2023
A aprobación dos POEM supón un punto de inflexión para o desenvolvemento da eólica mariña en Cataluña e un punto de partida para que os promotores sigan escrupulosamente a lexislación vixente e demostren a compatibilidade dos seus proxectos con sectores crave como a pesca, así como co medio natural e os ecosistemas mediante o Estudo de Impacto Ambiental. Coa confirmación da zona NOR 2 (Costa Ártabra) como zona de alto potencial para o desenvolvemento da eólica mariña, o Parque Nordés considera que Galicia ten unha oportunidade única para facer escoitar a súa voz e garantir que os concursos poñan o territorio no centro.
A eólica mariña a Galicia só chegará escoitando ao territorio
25 de febreiro de 2023
Xavier Pastor, oceanógrafo e fundador de Greenpeace España, urxe nun artigo publicado en Quincemil a ser respectuosos coa implementación da eólica mariña en Galicia, dando peso aos criterios socioeconómicos para que o proxecto conte o punto de vista do territorio.
O equipo promotor de Parque Nordés celebra unha xornada técnica con medios de comunicación na Coruña
14 de febreiro de 2023
BlueFloat Energy e Sener Renewable Investments, promotores de Parque Nordés, celebraron na Coruña unha xornada con medios para analizar a situación da eólica mariña flotante en Galicia. Sobre a mesa, a necesidade de incluír os criterios socioeconómicos no futuro marco legal que aprobará o Goberno de España en 2023.
Parque Nordés e GOE-Asime: unidos para atopar sinergias e impulsar a industria da eólica mariña en Galicia
09 de febreiro de 2023
GOE-Asime e Parque Nordés celebraron unha sesión de carácter técnico no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (CIS) de Ferrol. O pasado mes de outubro, as dúas partes asinaron un Memorandum de Entendemento (MoU).
A chegada da eólica mariña a Galicia poñendo ao territorio no centro
19 de xaneiro de 2023
“Os criterios dos concursos de eólica mariña deben esixir como requisito para os promotores un diálogo temperán, transparente e efectivo co territorio onde se situarán os proxectos”. Carlos Martín, CEO de BlueFloat Energy, analiza en Economía Dixital os beneficios da enerxía eólica mariña para Galicia e a importancia do diálogo co territorio.
A lexislación da eólica mariña en España: unha oportunidade para poñer ao territorio no centro
28 de novembro de 2022
Carlos Martín, CEO de BlueFloat Energy, analiza o estado actual do marco normativo en España para a eólica mariña, cando o potencial como país capaz para liderar o sector a nivel internacional é total en canto a coñecemento, talento, tecnoloxía e recursos naturais.
Bluefloat e Sener preparan aeroxeradores flotantes para competir en cada mar con Iberdrola e Ferrovial
21 de novembro de 2022
A joint venture que forman a enerxética e a empresa de enxeñaría conta con catro proxectos divididos nas ‘catro esquinas’ de España para cando se aprobe a regulación. Son unha seria alternativa para impulsar proxectos offshore en España que leva a cabo iniciativas similares noutros puntos do planeta.
Cluergal celebra en Santiago unha xornada sobre enerxía eólica offshore, clave na UE
5 de outubro de 2022
Ainhoa Villar, Business Developmet Manager en Bluefloat Energy, presentou, na xornada organizada por Cluergal, o proxecto do parque eólico mariño Parque Nordés, situado na costa ártabra e que permitirá a Galicia mudar nun polo tecnolóxico especializado en enerxía eólica mariña.
Os promotores do parque eólico mariño fronte a Ortegal explican o seu modelo ante a UE
29 de setembro de 2022
Blue float Energy e SENER, promotores de Parque Nordés, foron os únicos e españois en explicar ante a Comisión Europea o seu modelo de desenvolvemento das instalacións de enerxía renovable, baseado no diálogo e o consenso co territorio.
“A eólica mariña ten beneficios en moitas áreas, a más obvia é a transición enerxética”
9 de setembro de 2022
Carlos Martin, CEO de BlueFloat Energy, explica en COPE Coruña como a tecnoloxía eólica mariña está preparada para instalarse de forma inmediata, e o Parque Nordés é a mellor opción para que Galicia non perda o tren do progreso e a industria: a gran oportunidade de mudar nun polo tecnolóxico referente en enerxías limpas.
“Queremos que o máximo do traballo do parque quede en Galicia”
9 de setembro de 2022
Na entrevista a Carlos Martin na Voz de Galicia, o CEO de Bluefloat Energy expuxo como o desmbarco de Parque Nordés en Galicia debe ser coa maior unanimidade e compromiso co territorio. O diálogo cos diferentes concello, institución e demáis partes implicadas reflicte a vontade e consenso que busca o proxecto.
O GOE-ASIME E PARQUE NORDÉS ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN PARA QUE O PROXECTO TEÑA IMPACTO POSITIVO EN GALICIA
9 de setembro de 2022
O Galicia Offshore Energy Group e Parque Nordés, parque eólico mariño apoiado polos promotores BlueFloat Energy e SENER Renewable Investments, asinaron hoxe, venres 9 de setembro, en A Coruña, un acordo de colaboración.
A eólica mariña e o quecemento do mar
12 de agosto de 2022
Carlos Martín, CEO de BlueFloat Energy, analiza neste artigo publicado en Economía Digital cómo a enerxía eólica mariña flotante representa unha solución fronte ao cambio climático e cómo esta podería axudar ante a grave ameaza que atiza aos océanos.
PARQUE NORDÉS: ENERXÍA EÓLICA MARIÑA PARA GALICIA CONCEBIDA MEDIANTE O CONSENSO E O DIÁLOGO
19 de xullo de 2022
Unha radiografía de Parque Nordés: un impulso ás enerxías renovables en Galicia que aposta polo diálogo e a transparencia. É a mellor oportunidade para atraer postos de traballo de calidade nun sector limpo e de futuro como é a eólica mariña flotante.
UN MODELO DE EÓLICA MARIÑA CON ANCORAXE SOCIAL E AMBIENTAL: UNHA TRANSICIÓN DE TODOS E PARA TODOS
08 de xullo de 2022
O fundador de Greenpeace España, Xavier Pastor, analiza as potencialidades que ten a eólica mariña como xeradora, non só de enerxía limpa, senón de traballo e riqueza. A industria eólica mariña pode ser unha das grandes catalizadoras da reactivación económica e industrial do presente e o futuro.
A XUNTA PROPÓN AO GOBERNO QUE OS CRITERIOS SOCIOECONÓMICOS PUNTÚEN UN 40 % Á HORA DE ADXUDICAR OS PARQUES MARIÑOS
08 de xullo de 2022
O consenso e o diálogo có territorio deberían ser a base da eólica mariña en Galicia: a Consellería de Economía considera que na valoración das ofertas deben primar os cirterios socioeconómicos (40 %), os económicos (40 %) e o prazo (20 %), tanto para a tramitación como á execución.
A INDUSTRIA DA EÓLICA MARIÑA GALEGA CONFÍA EN QUE SE APROBEN TRAS O VERÁN OS PLANS DE ORDENACIÓN
07 de xullo de 2022
Os integrantes do Galician Offshore Energy Group reuníronse no CIS para tratar as perspectivas de futuro da industria da eólica mariña e os proxectos actuáis en curso, así como concebir a Galicia como a mellor opción para acoller este sector.
VENTOS QUE IRMANAN A EÓLICA MARIÑA DE GALICIA E ESCOCIA
03 de xullo de 2022
A industria galega de eólica mariña é exportadora de tecnoloxía para o parque máis grande do mundo: o Kinkardine. As superestruturas que suxeitan os aeroxeradores galegos fixéronse en Narón, unha mostra máis das posibilidades de Galicia para converterse en referencia mundial en industria e enerxía verde a través da eólica mariña.
A XUNTA SINALA QUE A PLANTA DE ENSAMBLAXE DE ESTRUCTURAS DE EÓLICA MARIÑA FLOTANTE DE FERROL PERMITIRÁ CONSOLIDAR O LIDERADO DA COMARCA NESTE SECTOR
03 de xuño de 2022
A Xunta traballará conxuntamente con Nervión Naval Offshore e, se o proxecto cumpre os requerimentos normativos, axilizará a súa tramitación. A iniciativa, que según as previsións da empresa ocupará 75.000m2 de superficie, suppoñerá unha inversión de 24 millóns de euros, permitindo crear 100 novos postos de traballo e manter 400, cunha facturación estimada no primer ano de 95 millóns de euros.
ESPAÑA DUPLICARÁ EMPREGO NO SECTOR EÓLICO A 2030 E SUPERARÁ OS 67.000 EMPREGOS, SEGÚN ANUNCIOU A AEE NA XORNADA WIND TALENT
19 de maio de 2022
No contexto da xornada Wind Talent, a Asociación Empresarial Eólica (AEE) ofreceu datos que resalta a importancia do sector eólico en España. Un exemplo: En España, o sector eólico emprega a máis de 30.000 persoas e esta cifra poderá superar os 67.000 empregos en 2030. Ademais, o desenvolvemento da eólica mariña no mundo implica que a demanda de profesionais nesta tecnoloxía triplicarase a finais desta década.
“A INDEPENDENCIA ENERXÉTICA E A DESCARBONIZACIÓN SON MÁIS PRIORITARIAS CA NUNCA, E A CHEGADA DA EÓLICA FLOTANTE É UNHA OPORTUNIDADE INELUDIBLE”
18 de maio de 2022
Carlos Martin, CEO de BlueFloat Energy, analiza en La Voz de Galicia, a través dun artigo de opinión, a emerxencia climática que viven España e Galicia e cómo, ante esta situación, a enerxía eólica mariña é parte da solución. Ademais, pon de manifiesto o impacto transformador de Parque Nordés na industria e na creación de emprego.
“FAI FALTA FALLA SUBSTITUIR A CAPACIDADE FÓSIL POR RENOVABLES SE QUEREMOS CHEGAR AOS OBXECTIVOS DE EMISIÓN CERO”
09 de maio de 2022
Javier Monfort, Country Manager de BlueFloat Energy, participou no Foro Económico Español “La Galicia que viene”, organizado por El Español, Invertia, Quincemil e Treintayseis. Dentro da mesa redonda sobre enerxías renovables, expuxo o impacto que podería ter Parque Nordés para Galicia a nivel medioambiental e, tamén, na industria e o emprego do territorio. Puxo sobre a mesa a necesidade de realizar en España unha transición enerxética xusta e ordenada sen perder a oportunidade que representa a enerxía eólica flotante.
PARQUE NORDÉS, PRESENTE NO ENCONTRO SOBRE EÓLICA MARIÑA ORGANIZADO POR FREMSS NA LONXA DA CORUÑA
07 de maio de 2022
Ainhoa Villar Lejarreta, Business Development Manager de BlueFloat Energy, representou a Parque Nordés no encontro “Energía eólica marina en las aguas españolas: solución o problema, una visión interdisciplinar”, organizado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS) na Lonxa da Coruña. Unha cita para seguir buscando o máximo consenso no territorio con axentes tan importantes como o mundo da pesca.
“OS PARQUES EÓLICOS MARIÑOS FLOTANTES SON PARTE DA SOLUCIÓN ANTE O CAMBIO CLIMÁTICO E A TRANSICIÓN ENERXÉTICA”
24 de abril de 2022
Carlos Martín, CEO de BlueFloat, expón nunha entrevista en «Actualidade Económica» a importancia dos proxectos de eólica mariña arredor do mundo, destacando o compromiso de SENER e BlueFloat coa transición enerxética e a loita contra o cambio climático. Todo iso, mediante un compromiso e esforzo por manter un diálogo constante co territorio, para construír iniciativas que conten co consenso e a aceptación social das rexións onde se desenvolvan.
ASIME DEFENDE A NECESIDADE DE PROMOVER A EÓLICA MARIÑA EN GALICIA
23 de abril de 2022
As empresas integrantes do Galician Offshore Energy Group-Asime mantiveron un encontro en Ferrol con Blue Float Energy, no que Carlos Martín, CEO de BlueFloat explicou os beneficios que traerá o proxecto Parque Nordés á industria da zona. Ao mesmo tempo, Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, afirmou que «Galicia é posiblemente a rexión mellor colocada a nivel mundial para a implantación dun desenvolvemento ambicioso e competitivo da industria eólica mariña, sendo capaz de alcanzar os 6.000 empregos directos e máis de 4.000 indirectos».